Mostrando entradas con la etiqueta Educación Primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Primaria. Mostrar todas las entradas

30.9.16

Balonmán - Ed. Primaria

O 27 de setembro os alumnos e alumnas de primaria recibimos a visita de tres adestradores do clube de balonmán do Carballal. Ensináronnos un pouquiño da técnica básica e das regras deste deporte para poder poñelo en práctica.

Foi moi divertido!

21.6.16

Festival de fin de curso - Educación primaria

Os alumnos e alumnas do Colexio Plurilíngüe Alborada xa estamos preparados para as vacacións de verán. Así foi como o demostramos o día do festival.

17.6.16

Saída didáctica - 1º - 4º E.P.

O xoves 16 de xuño de 2016 os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria fixemos un viaxe nunha NAVE moi especial. Mirade o que pasou!

15.6.16

Concerto didáctico - Ed. primaria

Hoxe tivemos unha visita moo especial. Kike Carrera veu coas suas guitarras (a eléctrica e a española) a presentárnoslas en directo.
Cantamos, seguimos ritmos e aprendimos moitas cousas sobre estes instrumentos. Deixounos moi bo sabor de boca!
Gracias Kike!

25.4.16

Celebración do Día do libro - 6º E.P.

Os alumnos e alumnas de 5 anos e de 6º EP realizaron unha actividade especial para conmemorar o "Día do Libro". 
Cada padriño e madriña de lectura de 6ºEP inventou un conto cuxo protagonista foi o seu afillado/a e leéronsello moi emocionados. Ao remate, os afillados/as de 5 anos agasalláronlles cunha preciosa flor, como é tradición neste día.
A delegada de 6ºEP, en nome de toda a súa clase, entregou ao encargado de 5 anos unha colección de contos para completar a biblioteca da súa aula.

Neste vídeo podedes ver como o disfrutaron.

24.4.16

Educación vial - 6º E.P.


O pasado venres 22, os alumnos e alumnas de 6º EP recibiron a súa clase práctica de Ed. Vial no PIT de O Castro. Neste vídeo podedes ver o ben que o pasaron e o moito que aprenderon. Fixeron de conductores, peatóns e policías  e avaliaron a súa actividade para poder mellorar moito máis.

15.4.16

"O Teatriño do mar" - 4º E.P.

O pasado 11 de abril tivemos una visita moi especial. Mariña, Iria e Sandra trouxéronnos un teatriño moi diferente.   “O Teatriño do mar” é un pequeno teatro de marionetas onde se fusiona a educación ambiental coa linguaxe teatral. 

No teatriño se conta a historia de: Golfiña,  unha femia pequena de Golfiño Común, que  tras perderse da súa manada, chega á Ría de Vigo, onde descubre e coñece as distintas especies animais e vexetais que habitan neste ecosistema. Por medio da historia representada se quere  mostrar parte da biodiversidade que existe na Ría, e as consecuencias e efectos da interacción dos humanos coa mesma.

1.9.14

Datas de comezo


As datas de comezo do curso escolar 2014/15 son as seguintes:

- EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA: mércores, 10 de setembro.
- EDUCACIÓN SECUNDARIA: luns, 15 de setembro.

Lembrámoslles que o horario de secretaría é de 09,30 a 13,30 horas.

19.2.12

Entroido 2012


BENVIDOS AO ENTROIDO ALBORADA 2012!!

Este ano o entroido do cole estivo adicado ao marabilloso mundo do circo e, así, desfilaron pola nosa pista paiasos, leóns, domadores, arlequíns, mimos, magos, majorettes, equilibristas, zancudos, malabaristas, homes bala, homes forzudos e vendedores de chuches.

Botádelle unha ollada á nosa galería de fotos e deixade os vosos comentarios. 

FELICES VACACIÓNS!!!

16.2.12

Día da Paz - Primaria

O 30 de xaneiro, to@s @s alumn@s de primaria do Colexio Alborada, celebramos xuntos o Día da Paz. Primeiro, coas nosas respectivas clases debuxamos nun trozo de tela frases e debuxos relacionados coa paz e a non violencia, que despois cosimos para facer unha manta.
Saímos ao patio e limos as mantas dos demais cursos. Por último, sacamos fotos coa manta de secundaria de fondo e cada curso coas súas respectivas mantas.

Click to play this Smilebox slideshow

6.12.11

Magosto - Educación Primaria

@s alumn@s de Educación Infantil e primaria celebramos o magosto o día 17 de novembro. Tiñamos programado facelo o propio día, 11 de novembro, pero o tempo non nos acompañaba. Ao final o día 17 estaba bastante soleado e as previsións para os días seguintes xa non eran moi boas, por iso decidimos celebralo nese día. Había moitas castañas, asámolas todas e, aínda así, querían comer máis. Estaban moi boas, resultado diso foi que se esgotaron. Despois, todos xuntos, disfrutamos de xogos e bailes no patio do colexio.
A verdade é que parte do profesorado estabamos bastante afumados, pero bailamos igual.
Grazas aos pais dun alumno de infantil por colaborar regalándolle a a tod@s @s alumn@s do colexio moitos kilos de castañas.

Click to play this Smilebox slideshow