Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas

20.11.16

Excursión ESO

Excursión de educación secundaria a San Cibrao de Las (Ourense) e Rivadavia. 

En San Cibrao de Las visitamos o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (www.pacc.com) e aprendimos un montón de cousas sobre as excavación que se están a facer e sobre o modo de vida dos nosos antergos.






17.2.16

Visita ao MARCO - Ed. Secundaria

O venres 12 de febreiro, Ed. Secundaria foi ao MARCO a visitar a exposición "Je, Je... Luna" de María Luisa Fernández. 

1º ESO

1º ESO
2º ESO
2º ESO
4º ESO

4º ESO





18.6.15

Obra de teatro 4º ESO

Os alumnos de 4º ESO representaron na Semana Cultural a obra "A Esmorga" de Eduardo Blanco Amor. Con esta obra conmemórase a festividade do Día das Letras Galegas que en maio, por falta de tempo, non se puido celebrar. 




16.6.15

Semana cultural: ESO

1º ESO: Meteogalicia
2º ESO: Parlamento Galego
4º ESO: tellados da Catedral de Santiago

4º ESO. Catedral de Santiago
3º ESO visitou as instalacións da Radio Televisión de Galicia pero non temos fotos da súa visita.

24.5.15

Charla da Fundación Vicente Ferrer

O mércores 20 de maio recibimos no nosso centro a visita do primeiro neno adoptado pola Fundación Vicente Ferrer, que realiza a súa obra na India.

Durante a súa visita fixéronse tres charlas: 5º-6º EP, 1º-2º ESO e 3º-4º ESO. A valoración da exposición foi mii positiva e os alumnos puideron facerlle preguntas sobre a India, o labor da fundación e a sea vida.

Podedes visitar a páxina da fundación pretendo no seguinte enlace: www.fundacionvicenteferrer.org e ver a súa historia no seguinte vídeo.















16.3.15

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015 para os alumnos de educación secundaria.

Este é o enlace ao texto da orde da convocatoria.


Para máis información e para facer a solicitude: www.edu.xunta.es/axudasle/

23.2.15

Saída de educación secundaria

O venres 20 de febreiro, @s alumn@s de secundaria e os seus profesor@s colleron un tren rumbo a Pontevedra para visitar o Museo Provincial (1º ciclo) e unha exposición na Fundación Abanca: Arte do grabado de Picasso a Dalí (2º ciclo).

Mirade o resultado:
Click to play this Smilebox slideshow
SAÍDA A PONTEVEDRA - ESO

8.7.14

Centro Plurilingüe

O noso colexio foi un dos centros admitidos á Rede de Centros Plurilingües de Galicia segundo a resolución da Consellería de Educación do 8 de xullo de 2014. Así pois, o curso que ven a materia de Educación Física en 1º EP e 1º ESO será impartida en inglés.



O libro de Ed. Física de 1º ESO para o curso 2014/15 será o seguinte:

Physical Education 1 ESO - Editorial Bruño - ISBN: 978-84-216-7391-1

18.6.14

ESO: visitas na Semana Cultural

Os alumnos de secundaria fixeron cousas moi interesantes durante a Semana Cultural: unha ruta de sendeirismo pola Senda Azul do Lagares que os levou desde o Parque de Castrelos ata a praia do Vao e unha excursión a Santiago de Compostela na que visitaron Meteogalicia (1º ESO), o Parlamento Galego (2º ESO), o Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA (3º ESO) e a Catedral e os seus tellados (4º ESO).
Aquí tedes un par de fotos das súas visitas e a cariñosa reseña que nos fixo MUPEGA na súa páxina web.
1º ESO - Meteogalicia

3º ESO - MUPEGA



30.4.14

Viaxe a Escocia - secundaria

Entre o 11 e o 16 de abril, os estudantes de secundaria fixeron unha viaxe a Escocia visitando Edimburgo, Glasgow e as Terras Altas.

Edinburgh Castle

Calton Hill

27.11.13

O Colexio Alborada contra a violencia de xénero


25 de Novembro
Día contra a violencia de xénero, a violencia contra as mulleres, contra as xóvenes, contra as adolescentes, contra as nenas, contra todas.

Nesta data non só lembramos as mulleres que son víctimas de agresións por parte dos homes. Tamén nos concienciamos da importancia de formarnos como persoas respectuosas cas demáis, sexan nenas ou nenos, sexan rapaces ou rapazas; da importancia de convivir nun mundo onde a forza e a coacción non son a mellor maneira de facer que nos queiran.

Para iso, todo o colexio participou, por cursos, nunha serie de actividades de COEDUCACIÓN para que @s nos@s nen@s  se relacionen en igualdade, xoguen en igualdade e compartan a súa vida en igualdade.  

Contos, xogos, películas, traballos con prensa, charlas, debates,... foron os distintos xeitos de que o alumnado participara na prevención deste vergoñento tipo de violencia.