Se o tempo o permite, o vindeiro venres 6 de novembro celebraremos o Magosto no colexio.
Blog do Colexio Plurilingüe Alborada de Vigo - - - - - - - - - - - www.colexioalborada.es
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
1.11.15
24.11.14
Magosto 2014
O venres
19 de novembro todos os alumnos, alumnas e mestres do colexio reuníronse
no patio para celebrar o tradicional magosto. Cancións propias do momento,
xogos populares, cariñas pintadas e castañas ricas,ricas…todos xuntos
disfrutamos da festa, reímos e pasamos unha xornada de convivencia moi
agradable.
![]() |
![]() |
16.11.13
2.12.12
17.11.12
Magosto E.P.
Este ano no Alborada xa fixemos o magosto, foi un
día estupendo, sobre todo porque as castañas estaban riquísimas e ademáis
pasamos case toda a mañá no patio e como facía moi bo puidemos facer un montón
de actividades. Os alumnos de EP pintamos uns carteis sobre o outono e o
magosto, despóis cantamos o Imno Galego e como seguía locendo o sol, os/as
profes máis atrevidos prenderon o lume e fixeron as brasas coas piñas, o pico,
os pauciños e os carozos que apañaramos no monte. Mentres, nós pintamos a cara, cantamos e
xogamos ata que empezaron a repartir as castañas, estaban moi quentiñas e
arrecendían así que comimos a esgalla e rápidamente chegou a hora de limpar e
recoller, así que todos mans á obra deixamos o noso patio para outra. Foi un
día estupendo.
![]() |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





