Mostrando entradas con la etiqueta Galiciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galiciencia. Mostrar todas las entradas

22.11.15

Galiciencia 2015

Nesta décima edición de Galiciencia celebrada os días 18, 19 e 20 de novembro no Parque Tecnolóxico da Tecnopole, os alumnos e alumnoas do Colexio Plurilingüe Alborada expuxeron dez proxectos sobre diversos temas de ciencias e humanidades. Despois de tres días de duro traballo, o proxecto de “Recuperación da Memoria Histórica da illa de San Simón según Faro de Vigo”, pertencente a Manuel delgado, Diego Moreira e David Rodríguez, alumnos de 4º ESO, acadou un dos cinco premios da feira: “Premio ao proxecto co método investigador mellor definido”.


No seguinte enlace podedes ver algunas fotos e comprobar a boa convivencia entre todos os membros do equipo do laboratorio.


21.11.15

Excursión 5º - 6º E.P.


O pasado mércores 18 de novembro, o alumnado de 5º e 6º foi visitar os  compañeiros e compañeiras do colexio á Tecnópole (Galiciencia). Un pequeno grupo participou coma "pequenos científicos" expoñendo o seu traballo e outros, ademáis da visita á exposición, acudiron a un obradoiro de robótica e a  outro relacionado  coa  luz.

Aquí tedes unha pequena mostra.

27.11.11

Galiciencia 2011


GALICIENCIA 2011


Durante os días 23, 24 e 25 de novembro, como premio ao esforzo de todos os participantes durante todo o ano, os mellores proxectos de investigación foron levados á Galiciencia (Ourense) por quinto ano consecutivo.
Estes foron os proxectos escollidos:
- ¿É san beber directamente dunha lata de refresco? Lara Iglesias e Raquel Alonso (3º ESO).
- Estudo sobre a influencia das distintas radiacións sobre as plantas. Belén Fernández e María Rodríguez (2º ESO).
- Estudo dos fentos pola ruta do río Fraga. Mariana Cabaleiro e Claudia Gómez (1º ESO).
- Estudo sobre a sinestesia no Colexio Alborada. Martín Conde e José Manuel Rodríguez (3º ESO).
- Fabricación de papel a partir de algas. Noelia Álvarez e Ana Mateo (2º ESO).
Foron tres días de intenso traballo, excelentes obradoiros de ciencia e moi bo ambiente entre todos os nenos e profesores, que remataron cun premio para o noso colexio. Desde aquí, queremos felicitar unha vez máis a todos os participantes, pero en especial a Mariana Cabaleiro, Marcos Dalmeida, Gabriel Dapena e Claudia Gómez polos logros obtidos. Son os gañadores do primeiro ciclo da ESO polo seu traballo "Estudo dos fentos pola ruta do río da Fraga"!
Esperamos poder repetir o ano que ven así que animádevos a investigar.
Alberto e Verónica


Click to play this Smilebox photo album

Se queredes ver máis fotos da Galiciencia premede aquí.

NOTICIAS DE XORNAIS RELATIVAS Á GALICIENCIA








REVISTA GC! 2011, A REVISTA OFICIAL DA GALICIENCIA