Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións. Mostrar todas las entradas

25.3.15

Semana da prensa 2015 - E.P.

Tedes que ver estes pequenos xornais. Neles encontraredes o noso traballo nesta semana tan importante para nós.

Click to play this Smilebox newsletter
XORNAL DO PRIMEIRO CICLO
Click to play this Smilebox newsletter
XORNAL DO SEGUNDO CICLO
Click to play this Smilebox newsletter
XORNAL DO TERCEIRO CICLO

26.11.14

Día Internacional contra a violencia de xénero


Da man da mestra Raquel Estévez, os alumnos Gabriel Dapena, Ángela Mourón, Marta Regades e Rebeca Troncoso do curso de 3º ESO realizaron este impactante mural para a exposición “ENLAZA VIGO” en protesta contra a “ciber violencia de género”.  O mural exponse diante do Museo MARCO, na rúa do Príncipe, xunto cos demais colexios que participaron nesta campaña que pretende chamar a atención desta perigosa amenaza.



27.11.13

Día internacional contra a violencia de xénero


O alumnado de 4º ESO participou por segundo ano consecutivo no evento "Enlaza Vigo 2013", organizado polo Concello de Vigo para loitar  "Contra a Violencia de Xénero", mediante a realización dun cartel na materia de Educación Plástica e Visual. Este cartel pódese ver no seguinte enlace, www.enlazavigo.com.


O Colexio Alborada contra a violencia de xénero


25 de Novembro
Día contra a violencia de xénero, a violencia contra as mulleres, contra as xóvenes, contra as adolescentes, contra as nenas, contra todas.

Nesta data non só lembramos as mulleres que son víctimas de agresións por parte dos homes. Tamén nos concienciamos da importancia de formarnos como persoas respectuosas cas demáis, sexan nenas ou nenos, sexan rapaces ou rapazas; da importancia de convivir nun mundo onde a forza e a coacción non son a mellor maneira de facer que nos queiran.

Para iso, todo o colexio participou, por cursos, nunha serie de actividades de COEDUCACIÓN para que @s nos@s nen@s  se relacionen en igualdade, xoguen en igualdade e compartan a súa vida en igualdade.  

Contos, xogos, películas, traballos con prensa, charlas, debates,... foron os distintos xeitos de que o alumnado participara na prevención deste vergoñento tipo de violencia. 

         




22.5.12

Día da familia - 4º E.P.

@s alumn@s de 4º E.P. elaboraron unha mensaxe de agradecemento e un mini parchís con debuxos ou fotos dos membros da súa familia.
Nestas fotos podedes ver o resultado dalgunhas.






24.12.11

Día da Constitución

Celebracións do Día da Constitución española no 1º e 2º ciclos de Ed. Primaria. 
Decembro 2011



Podedes ver a galería de imaxes completa premendo aquí.