Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2012. Mostrar todas las entradas

16.2.12

Día da Paz - Primaria

O 30 de xaneiro, to@s @s alumn@s de primaria do Colexio Alborada, celebramos xuntos o Día da Paz. Primeiro, coas nosas respectivas clases debuxamos nun trozo de tela frases e debuxos relacionados coa paz e a non violencia, que despois cosimos para facer unha manta.
Saímos ao patio e limos as mantas dos demais cursos. Por último, sacamos fotos coa manta de secundaria de fondo e cada curso coas súas respectivas mantas.

Click to play this Smilebox slideshow

5.2.12

Día da Paz - Secundaria

O luns 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Este ano estivo adicado á violencia de xénero. Os alumn@s de secundaria traballaron na aula este tema e confeccionaron entre todos un patchwork coas súas mensaxes. Ademais, o Departamento de Orientación "empapelou" o corredor de secundaria con cancións en castelán, galego e inglés que trataban o tema da violencia de xénero.
Temos que agradecer á nai de Pablo Orge (2º ESO) que colaborara cosendo cada un dos retazos de tela d@s alumn@s.
Aquí tedes algunhas fotos.