6.12.11

Magosto - Educación Primaria

@s alumn@s de Educación Infantil e primaria celebramos o magosto o día 17 de novembro. Tiñamos programado facelo o propio día, 11 de novembro, pero o tempo non nos acompañaba. Ao final o día 17 estaba bastante soleado e as previsións para os días seguintes xa non eran moi boas, por iso decidimos celebralo nese día. Había moitas castañas, asámolas todas e, aínda así, querían comer máis. Estaban moi boas, resultado diso foi que se esgotaron. Despois, todos xuntos, disfrutamos de xogos e bailes no patio do colexio.
A verdade é que parte do profesorado estabamos bastante afumados, pero bailamos igual.
Grazas aos pais dun alumno de infantil por colaborar regalándolle a a tod@s @s alumn@s do colexio moitos kilos de castañas.

Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario