15.4.16

"O Teatriño do mar" - 4º E.P.

O pasado 11 de abril tivemos una visita moi especial. Mariña, Iria e Sandra trouxéronnos un teatriño moi diferente.   “O Teatriño do mar” é un pequeno teatro de marionetas onde se fusiona a educación ambiental coa linguaxe teatral. 

No teatriño se conta a historia de: Golfiña,  unha femia pequena de Golfiño Común, que  tras perderse da súa manada, chega á Ría de Vigo, onde descubre e coñece as distintas especies animais e vexetais que habitan neste ecosistema. Por medio da historia representada se quere  mostrar parte da biodiversidade que existe na Ría, e as consecuencias e efectos da interacción dos humanos coa mesma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario