Mostrando entradas con la etiqueta intercambio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta intercambio. Mostrar todas las entradas

20.1.16

Intercambio con Eslovenia

Do 10 ao 17 de xaneiro, dez alumnos de 3º e 4º ESO viaxaron a Logatec (Eslovenia) como parte do intercambio escolar deste ano.

Osnovna Sola Tabor Logatec, Eslovenia





21.10.15

Intercambio con Eslovenia

Esta semana o noso colexio recibe a visita de doce rapaces e rapazas eslovenos e tres profesoras como parte do intercambio escolar deste ano. Todos os alumnos de 3º ESO e catro de 4º ESO que repiten experiencia este ano, viaxarán a Eslovenia en xaneiro. Ata ese momento, estamos a disfrutar dunha semana marabillosa cos nosos novos amigos.




1.2.15

Intercambio con Noruega

Do 18 ao 25 de xaneiro dez rapaces de 3º ESO e dous profesores viaxaron a Namdalseid (Noruega) no intercambio escolar deste ano. O nome da escola norueguesa é Namdalseid Skole que está en Namdalseid, unha cidade a 159 kilómetros de Trondheim, a terceira cidade máis importante de Noruega.

A experiencia foi increíble: montamos en moto de neve, aprendimos a pescar nun lago xeado, aprendimos moitas cousas sobre a cultura Sami, vimos alces, tentamos esquiar, etc. Pero o máis importante: vivimos coma noruegueses durante unha semana e fixemos amigos para toda a vida!



Moitísimas grazas a toda a comunidade de Namdalseid!!!!!!


Podedes ver un vídeo no Facebook do colexio.

14.5.14

Intercambio con Polonia

Entre o 6 e o 12 de maio recibimos no noso centro a visita dos estudantes polacos de intercambio. Foi unha semana increíble!
Pazo de Castrelos

22.1.14

3º ESO - intercambio con Polonia

Xa hai tres días que estamos de volta pero botamos moitísimo de menos o ben que nos trataron en Polonia e a cantidade de amigos que fixemos. Foi toda unha experiencia!

Agardámosvos en Vigo en maio!

We love Poland!!!!




8.1.14

3º ESO - intercambio con Polonia

Desde o 12 ata o 19 de xaneiro, quince alumn@s de 3º ESO viaxarán a  Józefów (Polonia) como parte do intercambio escolar deste ano. O colexio polaco chámase Gimnazjum nr 1 im. Laczniczek Armii Krajowej e está situado en Jozéfów, unha localidade a tan só 25 km. da capital, Varsovia.

Como parte deste intercambio, e aparte das visitas, está a realización dun proxecto conxunto na plataforma eTwinning sobre os nosos países, costumes, etc. Déixovos aquí o enlace: Poland meets Spain.

Feliz experiencia!


Visualizar o mapa ampliado

6.4.13

"Noticias internacionais"




































O final do trimestre pasado e o comezo deste están a ser moi internacionais para @s alumn@s do noso colexio. Entre o 22 e o 26 de marzo, @s alumn@s de secundaria viaxaron a París a coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos do mundo: Torre Eiffel, Museo do Louvre, etc.. 


E desde o mércores que ven, día 10 de abril, ata o día 17 @s alumn@s suec@s de intercambio visitarán a nosa cidade. Esperamos darlles unha cálida benvida e que lembren con cariño a súa estancia no Alborada.

Mais información e fotos sobre a viaxe a París: alboradanoestranxeiro.blogspot.com/

Máis información sobre o intercambio con Suecia: stenungsundvigo.blogspot.com/

7.12.12

Intercambio con Suecia

O día xa está aquí! Levamos agardando que chegara desde o día que reservamos os billetes para viaxar a Suecia, alá polo mes de xuño. E este domingo de madrugada, o soño faise realidade. Para os que non o saibades, os alumn@s de 3º ESO están a traballar un proxecto común cun instituto de Stenungsund (unha localidade sueca moi próxima a Goteborg) e como parte del están a nosa visita a Suecia e a d@s estudantes suec@s a Vigo no mes de abril. 

Podedes seguir as nosas "aventuras" en Suecia e o desenvolvemento do proxecto no seguinte blog: stenungsundvigo.blogspot.com