25.4.16

Celebración do Día do libro - 6º E.P.

Os alumnos e alumnas de 5 anos e de 6º EP realizaron unha actividade especial para conmemorar o "Día do Libro". 
Cada padriño e madriña de lectura de 6ºEP inventou un conto cuxo protagonista foi o seu afillado/a e leéronsello moi emocionados. Ao remate, os afillados/as de 5 anos agasalláronlles cunha preciosa flor, como é tradición neste día.
A delegada de 6ºEP, en nome de toda a súa clase, entregou ao encargado de 5 anos unha colección de contos para completar a biblioteca da súa aula.

Neste vídeo podedes ver como o disfrutaron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario