6.12.11

Excursión de 3º - 4º E.P. á Galiciencia e a Allariz

@s alumn@s do 2º ciclo de E.P. fixeron unha saída de xornada completa á Tecnópole no Parque Tecnolóxico de Ourense e a continuación ao Eco-espazo do Rexo en Requeixo (Allariz). Na Tecnópole tiveron unha hora para poder facer distintas preguntas aos protagonistas dos proxectos, entre os que se atopaban alumn@s deste colexio e que conseguiron un primeiro premio. Noraboa da nosa parte para as protagonistas! e que sigan investigando con moito interese e continúen motivándose como ata agora. Mentres un grupo ía vendo os diferentes proxectos, o outro grupo estaba no Planetario. Este xa non era tan novidoso porque xa estiveran o ano anterior.
Ás doce saímos para o Eco-espazo de Rexo. Alí estivemos comendo, buscando cogumelos, explorando a zona e xogando. Ás 16,00 h. xa comezamos o regreso ao colexio para estar alí ás 17,30 h. Pasárono estupendamente.

Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario