6.12.11

As nosas árbores - 4º E.P.

O día 7 de novembro @s alumn@s de 4º E.P. asistiron a un obradoiro de ciencias titulado "As nosas árbores" impartido por Jesús.
Como podedes apreciar nas fotografías, amosoulles distintas follas e cortezas autóctonas de diversas árbores de distintas zonas de Galicia.
Tiñan moita curiosidade polos anos que tiñan os distintos troncos que lles amosou e algún deles tiveron a oportunidade de contarlle os aneis. Gustoulles moito esta actividade e non paraban de facer preguntas.
Foi unha actividade moi interesante e complementaria co tema que estaban dando na aula.

Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario