6.12.11

Visita do avó de Najwa - 4º E.P.

O día 3 de novembro, o avó de Nawja, Miguel, acompañado da súa filla Lorena, explicoulle aos alumnos e alumnas de 4º E.P. o que era un parquímetro, cómo se usaba... Non paraban de facerlle preguntas, levaban xa 15 minutos do recreo e nin se daban conta. Iso xa é ben raro, normalmente, cando soa o timbre, xa o están recordando por se nos esquecemos. sobre todo, se é día de fútbol.
A verdade é que amosaron interese e algún que outro dicíalle que alí aparcaba o coche a súa nai algunhas veces.
Grazas á familia de Najwa por facer tan amena a estancia explicándolles algo tan cotiá aos alumnos e alumnas deste curso. Son un exemplo a seguir. Grazas por todo.

Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario