6.12.11

1º CICLO E.P. - EXCURSIÓN Á FABRICA DE CONSERVAS CONNORSA

O día 10 de outubro, as clases de 1º e 2º de Primaria realizaron unha saída á fábrica de conservas Connorsa en Arcade.

A visita comezou ás 10 da mañá onde nos esperaba unha bióloga da fábrica, a cal guiaría a visita. dentro da fábrica observamos o proceso polo que pasan tanto os mexilóns como as sardiñas desde que chegan do mar ata que acaban no supermercado, pasando pola limpeza do mesmo, a colocación nas respectivas latas e o empaquetamento final, onde xa están listas para enviar ao seu destino.

Ao rematar a visita, dirixímonos ao parque de Arcade onde os nenos merendaron e disfrutaron dos distintos xogos ata a hora do almorzo en que comemos no monte do mesmo parque para, así, disfrutar da súa vexetación.

A saída rematou ás 5,30 h. cando o autobús chegou ao colexio.

Déixovos aquí unha presentación de fotos.

Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario