27.11.11

Galiciencia 2011


GALICIENCIA 2011


Durante os días 23, 24 e 25 de novembro, como premio ao esforzo de todos os participantes durante todo o ano, os mellores proxectos de investigación foron levados á Galiciencia (Ourense) por quinto ano consecutivo.
Estes foron os proxectos escollidos:
- ¿É san beber directamente dunha lata de refresco? Lara Iglesias e Raquel Alonso (3º ESO).
- Estudo sobre a influencia das distintas radiacións sobre as plantas. Belén Fernández e María Rodríguez (2º ESO).
- Estudo dos fentos pola ruta do río Fraga. Mariana Cabaleiro e Claudia Gómez (1º ESO).
- Estudo sobre a sinestesia no Colexio Alborada. Martín Conde e José Manuel Rodríguez (3º ESO).
- Fabricación de papel a partir de algas. Noelia Álvarez e Ana Mateo (2º ESO).
Foron tres días de intenso traballo, excelentes obradoiros de ciencia e moi bo ambiente entre todos os nenos e profesores, que remataron cun premio para o noso colexio. Desde aquí, queremos felicitar unha vez máis a todos os participantes, pero en especial a Mariana Cabaleiro, Marcos Dalmeida, Gabriel Dapena e Claudia Gómez polos logros obtidos. Son os gañadores do primeiro ciclo da ESO polo seu traballo "Estudo dos fentos pola ruta do río da Fraga"!
Esperamos poder repetir o ano que ven así que animádevos a investigar.
Alberto e Verónica


Click to play this Smilebox photo album

Se queredes ver máis fotos da Galiciencia premede aquí.

NOTICIAS DE XORNAIS RELATIVAS Á GALICIENCIA








REVISTA GC! 2011, A REVISTA OFICIAL DA GALICIENCIA








No hay comentarios:

Publicar un comentario