1.12.16

25 novembro - Día internacional contra a violencia de xénero

o 25 de novembro celebramos no centro o Día internacional contra a violencia de xénero. Cada curso elaborou un mural con mensaxes de repulsa contra a violencia de xénero.








































Os cursos de Ed. primaria adicaron o seu recreo a mandar unha mensaxe importante: "Conxela a violencia de xénero". Como podedes ver no vídeo, amosaron palabras como "Frea", "Stop", "Para"... para amosar o seu sentimento de repulsa hacia esta conduta.

20.11.16

Excursión ESO

Excursión de educación secundaria a San Cibrao de Las (Ourense) e Rivadavia. 

En San Cibrao de Las visitamos o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (www.pacc.com) e aprendimos un montón de cousas sobre as excavación que se están a facer e sobre o modo de vida dos nosos antergos.






13.11.16

Teatro 3º - 4º ESO

Os alumnos de 3º e 4º ESO asistiron o xoves 10 de novembro a representación "La Celestina" na sala ÁRTIKA, actividade proposta e subvencionada pola ANPA. Durante unha hora e cuarto disfrutaron da actuación dunha soa actriz que con distintos rexistros fónicos imitou as voces de catro personaxes e das marionetas, Calisto e Melibea, sendo moi fiel ao texto orixinal.
A malvada Celestina encandilou a estes adolescentes. 

Un acerto asistir ao teatro!





18.10.16

Excursión 1º - 2º EP

1º e 2º E.P. no "Club Hípico Alazán"

Pasámolo xenial preparando, peinando, alimentando... aos cabalos. Finalmente montamos nun cabalo e dimos unha volta. Un día diferente no que aprendemos un montón de cousas destes animais.

30.9.16

Balonmán - Ed. Primaria

O 27 de setembro os alumnos e alumnas de primaria recibimos a visita de tres adestradores do clube de balonmán do Carballal. Ensináronnos un pouquiño da técnica básica e das regras deste deporte para poder poñelo en práctica.

Foi moi divertido!

2.7.16

27.6.16

Exames de setembro - ESO

Calendario de exames de setembro de ed. secundaria


Entrega de notas: martes, 6 de setembro de 8,45 a 10,15 horas

23.6.16

Torneo de xadrez

Este ano recibimos clases de xadrez nas actividades extraescolares. Para demostrar o que aprendemos fixemos o 2º Torneo de Xadrez no colexio. Neste pequeño resumo podedes ver as mellores xogadas. Esperámosvos no próximo curso!!

21.6.16

Festival de fin de curso - Educación primaria

Os alumnos e alumnas do Colexio Plurilíngüe Alborada xa estamos preparados para as vacacións de verán. Así foi como o demostramos o día do festival.

17.6.16

Saída didáctica - 1º - 4º E.P.

O xoves 16 de xuño de 2016 os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria fixemos un viaxe nunha NAVE moi especial. Mirade o que pasou!

15.6.16

Concerto didáctico - Ed. primaria

Hoxe tivemos unha visita moo especial. Kike Carrera veu coas suas guitarras (a eléctrica e a española) a presentárnoslas en directo.
Cantamos, seguimos ritmos e aprendimos moitas cousas sobre estes instrumentos. Deixounos moi bo sabor de boca!
Gracias Kike!

Festa do deporte



12.6.16

Premios CEDRO esdelibro

Como xa sabedes, un ano máis participamos neste concurso nacional con blogs sobre os proxectos de ciencias que realizamos no laboratorio do colexio.
O venres, día 10 de xuño, viaxamos a Madrid para recoller dous premios na sede da Real Academia da Lingua Castelá. Neste vídeo poderes ver en que consiste o concurso e que ven o pasamos na entrega de premios. 
Queredes ver unhas fotos deste día tan emocionante? Premede aquí.




Premede na imaxe para ver o blog dos traballos do noso cole.


23.5.16

25.4.16

Celebración do Día do libro - 6º E.P.

Os alumnos e alumnas de 5 anos e de 6º EP realizaron unha actividade especial para conmemorar o "Día do Libro". 
Cada padriño e madriña de lectura de 6ºEP inventou un conto cuxo protagonista foi o seu afillado/a e leéronsello moi emocionados. Ao remate, os afillados/as de 5 anos agasalláronlles cunha preciosa flor, como é tradición neste día.
A delegada de 6ºEP, en nome de toda a súa clase, entregou ao encargado de 5 anos unha colección de contos para completar a biblioteca da súa aula.

Neste vídeo podedes ver como o disfrutaron.