7.12.12

Intercambio con Suecia

O día xa está aquí! Levamos agardando que chegara desde o día que reservamos os billetes para viaxar a Suecia, alá polo mes de xuño. E este domingo de madrugada, o soño faise realidade. Para os que non o saibades, os alumn@s de 3º ESO están a traballar un proxecto común cun instituto de Stenungsund (unha localidade sueca moi próxima a Goteborg) e como parte del están a nosa visita a Suecia e a d@s estudantes suec@s a Vigo no mes de abril. 

Podedes seguir as nosas "aventuras" en Suecia e o desenvolvemento do proxecto no seguinte blog: stenungsundvigo.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario