17.11.12

Magosto E.P.


Este ano no Alborada xa fixemos o magosto, foi un día estupendo, sobre todo porque as castañas estaban riquísimas e ademáis pasamos case toda a mañá no patio e como facía moi bo puidemos facer un montón de actividades. Os alumnos de EP pintamos uns carteis sobre o outono e o magosto, despóis cantamos o Imno Galego e como seguía locendo o sol, os/as profes máis atrevidos prenderon o lume e fixeron as brasas coas piñas, o pico, os pauciños e os carozos que apañaramos no monte.  Mentres, nós pintamos a cara, cantamos e xogamos ata que empezaron a repartir as castañas, estaban moi quentiñas e arrecendían así que comimos a esgalla e rápidamente chegou a hora de limpar e recoller, así que todos mans á obra deixamos o noso patio para outra. Foi un día estupendo.

Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario