27.11.13

O Colexio Alborada contra a violencia de xénero


25 de Novembro
Día contra a violencia de xénero, a violencia contra as mulleres, contra as xóvenes, contra as adolescentes, contra as nenas, contra todas.

Nesta data non só lembramos as mulleres que son víctimas de agresións por parte dos homes. Tamén nos concienciamos da importancia de formarnos como persoas respectuosas cas demáis, sexan nenas ou nenos, sexan rapaces ou rapazas; da importancia de convivir nun mundo onde a forza e a coacción non son a mellor maneira de facer que nos queiran.

Para iso, todo o colexio participou, por cursos, nunha serie de actividades de COEDUCACIÓN para que @s nos@s nen@s  se relacionen en igualdade, xoguen en igualdade e compartan a súa vida en igualdade.  

Contos, xogos, películas, traballos con prensa, charlas, debates,... foron os distintos xeitos de que o alumnado participara na prevención deste vergoñento tipo de violencia. 

         




No hay comentarios:

Publicar un comentario