24.2.13

Saída de 3º e 4º E.P.

Este mércores 19 de febreiro os alumnos de 3º e 4º EP. tivemos unha mañá moi entretida, con moi poucos minutos para tomar o bocata. Ás 9:00 subimos ao autobús en dirección ao centro de Vigo, alí fomos a ver a ver a obra de Laxeiro ao auditorio de Novacaixagalicia.
Ás 9:30 entramos na fundación Laxeiro onde vimos obras que este pintor realizou ao longo de distintas etapas da súa vida.
Ao remate desta actividade tomamos o bocata rápido para ir ao auditorio para ver a obra de teatro “Malas palabras”. A obra gustounos moito. Desde o primeiro minuto captaron a nosa atención. As mestras quedaron moi contentas co noso comportamento.
Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario