3.2.13

Día da Paz

MUSEO DA PAZ

O noso colexio celebrou o 30 de xaneiro o Día da Paz montando un Museo da Paz. Nel recollemos todas as obras dos alumn@s do centro: cadros feitos nas tapas de caixas de cartón. Fixeron pombas con distintas técnicas e pregados en EI, pintaron debuxos e mans brancas que semellan pombas en Primaria, unha “pomba cooperativa” en 5º e 6º; paneis con mensaxes, fotos de sorrisos, bos desexos en ESO… 

A exposición das mesmas realizouse nos corredores de Ed. Infantil, Ed. Primaria e Ed. Secundaria. 

Raquel, a profe de Plástica da ESO, elaborou cos seus alumn@s un cartel precioso que se colocou no vestíbulo de Primaria anunciando a entrada ao Museo. 

Os alumn@s fixeron unha visita ao Museo da Paz por cursos seguindo un itinerario marcado con frechas no chan. 

Durante estes días, o tema da paz traballouse máis intensamente nas aulas por parte d@s titor@s, a través de distintas actividades axeitadas ás idades dos nen@s.
Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario