2.12.12

Excursión 2º ciclo


O pasado xoves día 22 de novembro os/as alumnos/as e as profes de 2º ciclo EP participamos da saída á Ourense na que visitamos a Expociencia  e a vila de Ribadavia.
Na Expociencia visitamos o planetario, onde aprendimos a orixe das constelacións, as peculiaridades dalgúns planetas, a orientarnos polas estrelas e moitos conceptos máis. Tamén visitamos a Tecnópole, onde os científicos do Alborada expoñían os seus proxectos xunto con alumnos doutros colexios, facíano moi ben, tanto que voltaron con premio!
En Ribadavia visitamos o Castelo medieval que data do século IX, pasámolo moi ben descubrindo tódolos recunchos e imaxinando como vivirían daquela. Despois fixemos un percorrido polas rúas do Barrio Xudío ata o Museo Etnográfico, onde nos contaron e amosaron as costumes e modo de vida das xentes daquela terra onde o lino e o viño son protagonistas.
E así chegou a hora de lecer, así que nun parque moi outonal enchémolo bandullo cos manxares que nos preparastes e a xogar sen parar…!

Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario