6.11.12

Charla sobre os animais - 5º E.P.

A visita de Belén á nosa clase


Estes son algúns dos comentarios que mellor expresan o ben que o pasamos:


- "O que máis me gustou foi o vídeo do paxaro que quería namorar". (Lucía)

- "Primeiro presentouse Belén e nos dixo do que ía falar. Pareceume unha charla moi interesante e divertida". (Alonso)

- "Espero que volva outro día" (Rebeca)

- "Hoxe Belén veunos falar da súa profesión. Belén é veterinaria e falounos dos animais en perigo de extinción, como o zorro, o oso, o morcego... E todo iso por culpa do home. Eu vou colaborar máis do que estaba a facer, xa que necesitan axuda. Comprométome a non tirar o lixo e recoller o que vexa no monte. Eu tamén quero ser veterinaria". (Ana)

- "Entre outros atópanse en perigo de extinción os seguintes mamíferos: oso, lobo ibérico, raposo vermello, gato montés,,, Importante: cando te aburras das tartarugas tes que buscarlle unha familia". (Javier)

- "Algúns crustáceos son devorados por outros. Os cangrexos cando mudan a súa pel é como se houbese dous cangrexos". (Paula Mateo)

- "Non sei qué dicir, ah sí, que me encantou. Falounos dos animais que estaban en perigo de extinción". (Najwa)

- "Eu lle fixen unha pregunta e ela contestouna á primeira. É unha veterinaria de primeira". (Nacho)


No hay comentarios:

Publicar un comentario