28.10.12

Cinefórum científico

 Claudia Gómez e Mariana Cabaleiro de 2º ESO desenvolveron o día 21 de setembro un obradoiro sobre o cabaliño de mar. Este obradoiro foi organizado polo CSIC en colaboración co IIM de Bouzas e a Fundación Barrié. Estiveron acompañadas por investigador@s do IIM. Este obradoiro chamouse: Cinefórum científico Buscando a Nemo

A dirección do blog no que están levando a cabo o seu proxecto de investigación e que vos recomendamos a tod@s é http://caballitodemarvigo.blogspot.com/  Nela atoparedes enlaces a vídeos dos estudos sobre o cabaliño de mar da nosa ría, poderedes ver entrevistas, estudos estadísticos e participar contestando a súa enquisa.

Grazas por este traballo a Mariana e a Claudia que, xunto con outr@s compañeir@s, irán a Ourense en novembro para defender os seus proxectos en Galiciencia 2012. 

Departamento de CCNN
 

E aquí tedes algunhas fotos de Mariana e Claudia recollendo datos para o seu traballo de investigación:


No hay comentarios:

Publicar un comentario