22.5.12

Saída a Vilagarcía - 2º ciclo E.P.

@s alumn@s do segundo ciclo de E.P. fixeron unha viaxe en tren ata Vilagarcía de Arousa. A emoción era patente nos seus rostros, estaban nerviosos e con gañas de aventura.
A viaxe transcurriu con normalidade e cando chegamos tivemos que camiñar uns 15 minutos que, á maioría, pareceulles dúas horas: levaban as mochilas coa comida e facía moito calor.
Fixemos dous grupos: mentras 3º E.P. visitaba o "Museo do ferrocarril", os de 4º E.P. fomos ao "Centro de Interpretación" e logo rotamos.
No museo viron unha exposición de diferentes trens e xogos relacionados coa visita.
No Centro de Interpretación había unha mostra dos aperos que usaban os pescaderos, diferentes tipos de barcos, cadros en 3D, marisco típico da zona...
Buscamos sombra na Alameda para comer. Logo, xogaron no parque e tomaron algún xeado.
Voltamos de novo no tren ata Vigo. @s alumn@s sentíronse como actores de Hollywood pasando pola alfombra vermella: non deixaron pasar aos pasaxeiros ata que chegamos polo andén ata a estación.
Tod@s tiñamos gañas de chegar a casa para dar unha ducha e descansar.
Tivemos sorte porque nos acompañou o bo tempo.


Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario