10.12.11

Comparte o teu Nadal cos máis desfavorecidos

O colexio pon en marcha un proxecto solidario para axudar ás persoas con menos recursos da nosa cidade. A través d@s vos@s fill@s podedes achegarnos alimentos non perecedoiros ata o día 16 de decembro (venres), data na que responsables do Banco de Alimentos de Vigo pasarán a recollelos para distribuílos entre as familias máis necesitadas. Aínda que calquera alimento será ben recibido, entre os máis necesarios están os alimentos infantís (papillas, potitos, etc.).

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario