6.10.11

Quen dixo que a poesía non é divertida?

Quen dixo que a poesía non é divertida? O lector cleptómano colleu prestado este poema para demostrarvos que cuns versos tamén se nos pode escapar un sorriso. Buscade cada semana os seus textos polo colexio.


Televisión

A esta hora chegaba a miña vella,
xusto cando Billy Guffy, o baixo de The Cult,
daba aqueles pasos de comanche.
Wild hearted son!
¡Ah, fillo do corazón salvaxe!
A miña nai,
Boqueando despois de fregar as oficinas do Fénix Español,
puña as zapatillas,
sentaba no sofá,
suspiraba fondamente
e cambiaba á primeira cadea.
Anda, pasmón, sae algo á rúa e espabila.
E entón apareceu en pantalla o Empire State
e a miña vella exclamou con tenrura:
¡Pobre da que teña que fregar todo iso!
M. Rivas; O pobo da noite.

1 comentario:

  1. Paréceme unha actividade moi interesante. Eu xa mirei uns cantos polo colexio. Parabéns, Luis.

    ResponderEliminar