O venres día 10 de abril os alumnos de 3º e 4º ESO tiveron unha charla-coloquio organizada pola Asociación de Exparlamentarios de Galicia.
Neste acto participaron as exdeputadas María Xosé Porteiro García (PSdeG-PSOE) e Salomé Álvarez Blanco (BNG).
As charlas-coloquio son sesións divulgativas que teñen como obxectivo que os estudiantes podan coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.
As exparlamentarias explican as funcións da Cámara autonómica, a sea composición e órganos e contestan ás preguntas dos alumnos.
A charla compleméntase cunha proxección audiovisual que fai un percorrido polla realidade da principal institución política de Galicia.
Departamento de CC.SS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario