Os días 21 e 22 de febreiro celebrouse en Santiago de Compostela o primeiro encontro galego da sesión rexional do Parlamento Xoven Europeo.
Neste programa educativo europeo únicamente poden participar alumna@s de 4º ESO e 1º Bacharelato e a lingua utilizada nas sesións de traballo é o INGLÉS.
Catro alumn@s de 4º ESO do noso centro participaron activamente nesta experiencia pionera en Galicia que posiblemente, debido á boa acollida da mesma, se repetirá o vindeiro ano. Todo un reto para os actuais alumn@s de 3º ESO.
Cada alumn@ traballou nunca comisión con temas como: o empleo e os asuntos sociais, a cultura e a educación, as libertades vivís e os asuntos constitucionais. Antes de comenzar a debatir as propostas os delegados propuxeron dogos cooperativos coa fin de romper o xeo.
En fin toda unha proposta de aprendizaxe constructivo que achega a relaidade de Europa aos nos@s alumn@s.
Noraboa pola vosa xenial participación.
"Dime e esquezoo, ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo" (Benjamin Franklin)
Aquí tedes as fotos e vídeos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario