25 de Novembro
Día contra a violencia de xénero, a violencia contra
as mulleres, contra as xóvenes, contra as adolescentes, contra as nenas, contra
todas.
Nesta data non só lembramos as mulleres que son víctimas de agresións por
parte dos homes. Tamén nos concienciamos da importancia de formarnos como
persoas respectuosas cas demáis, sexan nenas ou nenos, sexan rapaces ou
rapazas; da importancia de convivir nun mundo onde a forza e a coacción non son
a mellor maneira de facer que nos queiran.
Para iso, todo o colexio participou, por cursos, nunha serie de actividades
de COEDUCACIÓN para que @s nos@s nen@s se relacionen en igualdade, xoguen
en igualdade e compartan a súa vida en igualdade.
Contos, xogos, películas, traballos con prensa, charlas, debates,... foron os distintos xeitos de que o alumnado participara na prevención deste vergoñento tipo de violencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario